lunes, 13 de julio de 2015

Conxuro da queimada









Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. 
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. 
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras. 
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. 
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro de mortos, tronos e raios. 
Oubeo do can, pregón da morte , fuciño do sátiro e pé de coello. 
Pecadora língua de mala muller casada cun home vello. 
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravescida. 
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca de cabra mal parida. 
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella as do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas. 
¡Oíde, oíde ! os ruxidos que dan as que non poden deixar de quemarse na aguardente quedando así purificadas. 
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. 
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes mais poder ca humana xente, eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con nós desta Queimad

No hay comentarios.:

Publicar un comentario